Velaiquí tedes a letra do noso himno da República da Mangallona.
Partitura: Ernesto Campos
Letra: Dori Santos
1º tempo: INTRODUCCIÓN
Somos os cabaleiros
dunha Pedra Moura en pé
na que asenta este fogar.
Lugar fóra do tempo,
de Arte e de Irmandade, sí,
singular e universal.
Somos a sementeira
dunha nova loita en pé
ao carón do Río Boubou.
Feitizos vellos
ó alborexar do sol.
Somos os cabaleiros
dunha Pedra Moura en pé
na que asenta este fogar.
Lugar fóra do tempo,
de Arte e de Irmandade, sí,
singular e universal.
Somos fidalgos peitos,
récios baluartes nós,
deste Templo Cultural:
“En Arte nada é casual”.
2º tempo: ESTROFA DE BRINDIS (DÚAS VECES)
A estrofa deste canto sae
das forxas dun ferreiro,
acesa pola luz, sen fin,
que brilla e alumea o noso corazón.
Foguetes estourando no ár.
Amigos, imos xuntos cantar:
“ ars longa, vita brevis”,
Á vosa saúde, TODOS a brindar !!!.
3º tempo: DETERMINACIÓN E AMOR POLO TERRUÑO
Lonxe deste terrón,
o que é xusto defendín.
Tamén alabei o que era bon
e o malo combatín.
Non troquei o corazón,
nin a miña conciencia lles vendín.
Loitei con grande paixón
soñando con voltar
por sempre a este fogar.
Foron anos de ilusión
creando pedra a pedra este lugar.
A Arte e a Natureza en comuñón,
paraxe sen igual.
Tras tempos veñen tempos,
fiadeiros de amizade,
vivindo en liberdade...
República ideal...
4º tempo: INVITACIÓN A CONTEMPLAR AS OBRAS DO MUSEO
Vinde todos aquí,
a coñecer de perto este lugar,
a contemplar aquilo que os artistas
coas portas abertas queren amosar a todo o que virá.
A autenticidade brillará.
a lírica dos astros xirará
en torno a firmes eixos que xamáis
a nosa Pedra Moura esquecerá.
Bruando fortemente A Mangallona
dende a Fraga ata ultramar...
República... !
República... !
República…!!!!!
Letra: Dori Santos
1º tempo: INTRODUCCIÓN
Somos os cabaleiros
dunha Pedra Moura en pé
na que asenta este fogar.
Lugar fóra do tempo,
de Arte e de Irmandade, sí,
singular e universal.
Somos a sementeira
dunha nova loita en pé
ao carón do Río Boubou.
Feitizos vellos
ó alborexar do sol.
Somos os cabaleiros
dunha Pedra Moura en pé
na que asenta este fogar.
Lugar fóra do tempo,
de Arte e de Irmandade, sí,
singular e universal.
Somos fidalgos peitos,
récios baluartes nós,
deste Templo Cultural:
“En Arte nada é casual”.
2º tempo: ESTROFA DE BRINDIS (DÚAS VECES)
A estrofa deste canto sae
das forxas dun ferreiro,
acesa pola luz, sen fin,
que brilla e alumea o noso corazón.
Foguetes estourando no ár.
Amigos, imos xuntos cantar:
“ ars longa, vita brevis”,
Á vosa saúde, TODOS a brindar !!!.
3º tempo: DETERMINACIÓN E AMOR POLO TERRUÑO
Lonxe deste terrón,
o que é xusto defendín.
Tamén alabei o que era bon
e o malo combatín.
Non troquei o corazón,
nin a miña conciencia lles vendín.
Loitei con grande paixón
soñando con voltar
por sempre a este fogar.
Foron anos de ilusión
creando pedra a pedra este lugar.
A Arte e a Natureza en comuñón,
paraxe sen igual.
Tras tempos veñen tempos,
fiadeiros de amizade,
vivindo en liberdade...
República ideal...
4º tempo: INVITACIÓN A CONTEMPLAR AS OBRAS DO MUSEO
Vinde todos aquí,
a coñecer de perto este lugar,
a contemplar aquilo que os artistas
coas portas abertas queren amosar a todo o que virá.
A autenticidade brillará.
a lírica dos astros xirará
en torno a firmes eixos que xamáis
a nosa Pedra Moura esquecerá.
Bruando fortemente A Mangallona
dende a Fraga ata ultramar...
República... !
República... !
República…!!!!!